Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir

Os concellos miñotos, coa máxima expectativa ante a posibilidade de apertura de máis pasos na fronteira con Portugal

O vicedirector do AECT Uxío Benítez acolleu con satisfacción a dispoñibilidade do ministro portugués de Administración Interna de modificar horarios e número de controis

O vicedirector do AECT Uxío Benítez acolleu con satisfacción a dispoñibilidade do ministro portugués de Administración Interna de modificar horarios e número de controis

Etiquetas del contenido

Fecha: 09 de Febrero de 2021

Fuente: AECT Rio Minho

Subliña a necesidade de “reverter totalmente” o actual peche da raia e considerar os horarios de empresas á hora de establecer franxas autorizadas

O Agrupamento Europeo de Cooperación Territorial AECT Rio Miño manifestou hoxe que os concellos miñotos manteñen a “máxima expectativa” ante a posibilidade de apertura de máis pasos na fronteira con Portugal, unha medida que poderá ser concretada nos vindeiros días e que o ministro de Administración Interna de Portugal Eduardo Cabrita deixou aberta nunhas declaracións públicas.

O vicedirector do AECT Uxío Benítez explicou que os presidentes de cámara portugueses mantiveron contactos informais co goberno central portugués, o máis ríxido á hora de manter o peche da raia, e salientou que "a pesar de non recibir información oficial, satisfacen as declaracións dadas por Eduardo  Cabrita, que deixou en aberto a posibilidade  de alterar horarios nas fronteiras terrestres ou o número de postos de paso obrigatoria”.

“Os concellos miñotos de Pontevedra e do Alto Minho agardan con moita  expetativa que, nos próximos días, sexa anunciado o  reverso total da medida actualmente en vigor relativamente ao peche das fronteiras, de forma que sirva aos reais e necesarios intereses das traballadoras e dos traballadores transfronteirizos, así como dos transportes de mercadorías", subliñou.

Benítez subliñou que é preciso que se abran todos os pasos existentes e se habiliten controis de maneira continua (24h) posto que, segundo subliñou, os horarios das empresas e do persoal laboral dunha e doutra beira do río son moi variados. Lembrou que o actual paso de Salvaterra, só aberto dúas horas pola mañá e dúas pola tarde, non supón ningún beneficio para traballadoras e traballadores, xa que ao traballar en quendas vense igualmente obrigados a cruzar o río a través do único paso autorizado de Tui por non coincidir os horarios.

Benítez amosou a súa confianza en que a parte do goberno portugués reconsidere a situación, e lembrou que na parte española, oficialmente, o delegado do Goberno manifestou a súa disposición a abrir os pasos necesarios, mais sempre mediante un acordo diplomático cos mandatarios lusos. “Agardemos que o erro non se siga a manter”, subliñou.

A fronteira entre Pontevedra e o Alto Minho portugués ten 70 quilómetros, sendo o 5% dos 1.200 quilómetros de toda a raia ibérica, sen embargo asume o 50% de todo o tránsito de vehículos entre España e Portugal polas seis pontes sobre o Miño. Hai contabilizados arredor de 6.000 traballadores transfronteirizos que deben cruzar a fronteira diariamente.

O pasado xoves, alcaldes e alcaldesas da raia protestaron polo actual peche de fronteiras e lanzaron un SOS. Aseguraron que se está a castigar aos traballadores e traballadoras transfronteirizos ao manter só un único paso aberto (o da ponte internacional de Tui), gastando cartos en combustible e tempo dando rodeos de ducias de quilómetros para acudir aos seus postos laborais, porque os gobernos centrais non poñen máis controis (guardas portugueses e garda civil) nos demais postos da fronteira.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí