Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

TOMIÑO E CERVEIRA DAN UN PASO MÁIS NA SÚA INTEGRACIÓN COA CREACIÓN DUNHA AXENDA CULTURAL E DEPORTIVA

Os concellos fronteirizos presentaron hoxe a súa axenda cultural e deportiva conxunta, na que sobresaen o Triatlón da Amizade e o segundo Simposio Internacional de Escultura

Os concellos fronteirizos presentaron hoxe a súa axenda cultural e deportiva conxunta, na que sobresaen o Triatlón da Amizade e o segundo Simposio Internacional de Escultura

Fecha: 20 de Abril de 2016

Fuente: Concello de Tomiño

Os municipios fronteirizos de Tomiño e Vila Nova de Cerveira, deron un paso máis na súa integración cultural, deportiva e social, coa presentación unha axenda de oito actividades conxuntas que se desenvolverán ao longo deste ano cun orzamento de 100.000 euros, achegados a partes iguais polos dos concellos.

O acto de presentación tivo lugar ás 12 do mediodía no Forum Cultural de Cerveira, presidido pola alcaldesa de Tomiño, Sandra González, e o presidente da Cámara de Vila Nova, Fernando Nogueira, e acompañados polas concelleiras de Cultura de ambas vilas, Cristina Martínez e Aurora Viaes.

Ambos responsables municipais salientaron a importancia de seguir a eliminar barreiras de todo tipo entre as comunidades ribeireñas, resaltando a necesidade de sortear certas dificultades de orde administrativa para que a cooperación poida ser maior, especialmente, no ámbito da educación infantil e xuvenil.
Neste sentido, a alcaldesa de Tomiño lembrou a celebración de tres grupos de traballo transnacionais que a partir de hoxe terán lugar a uno e outro lado da fronteira. "A idea é que estas xuntanzas sexan totalmente participativas, de modo que da propia sociedade civil xurdan novas iniciativas de cooperación e integración", sinalou.

As actividades comezan mañá, día 20, coa Mostra de Arte Infanto-xuvenil "Educarte", na que por primeira vez participarán nenos e nenas tomiñeses, levando dúas creacións. Trátase concretamente de alumnado dos ciclos de Infantil e Primaria do colexio público de Goián. A mostra terá lugar no edificio da Bienal de Arte de Cerveira, e pode visitarse ata o día 22 deste mes.

Seguindo unha orde cronolóxica, celebrarase o día 1 de maio a Regata Internacional Ponte da Amizade, na que participarán 24 equipos e 450 atletas de ambos países.

Outra actividade deportiva é a II Taça Ibérica de Trail, que terá lugar o día 7 de maio, coa asistencia de 350 persoas e tres probas diferentes.
No campo da cultura, celebrarase os días 18 e 19 de xuño o Concerto da Escola de Música de Tomiño en Cerveira, co fin de dar a coñecer a existencia e oferta educativa do centro, para que poidan acudir tamén os cidadáns portugueses.

En setembro, haberá dous grandes citas; unha deportiva, o X Triatlon da Amizade (día 18) e o II Simposio Internacional de Escultura do Miño, no que catro grandes artistas de distintos países compartirán traballo durante 15 días.

Neste mes, terá lugar tamén o programa "Deporte para todos", no que a ambos lados da fronteira impartiranse clases de ximnasia e outras disciplinas a persoas maiores de 55 anos.

 

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones