Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir

Registro / Login

Miércoles, 11 de Marzo de 2026

Tomiño e Cerveira validan de maneira oficial o proceso do Orzamento Participativo

A finais do mes de marzo presentaranse as accións do ano próximo

A finais do mes de marzo presentaranse as accións do ano próximo

Fecha: 10 de Febrero de 2017

Fuente: Concello de Tomiño

O Comité de Xestión Estratéxica Tomiño-Cerveira, ente encargado de supervisar as accións contidas dentro da Axenda Estratéxica de Cooperación, celebrou hoxe no Concello de Tomiño, unha xunta de carácter ordinario, co fin de validar o proceso do Orzamento Participativo Transfronteirizo.

Integrado pola alcaldesa Sandra González, o presidente da Cámara de Vila Nova, Fernando Brito Nogueira, e técnicos de cooperación, o comité analizou un informe técnico do proceso de votación, fixando medidas para mellorar o nivel de participación da cidadanía e institucións, no próximo orzamento conxunto.






Asemade, decidiuse formar unha comisión promotora que se encargará de executar os tres proxectos escollidos polos cidadáns de Tomiño e Cerveira, e determinar a metodoloxía a utilizar polos grupos de traballo, para levar a cabo as accións previstas no primeiro Orzamento Participativo, nas áreas de Educación, Cultura e Deporte.

No segundo punto da Orde do Día, aprobouse unha "Carta de Principios do Valedor da Cidadanía Transfronteiriza", unha nova acción de cooperación que será posta en marcha ao longo deste ano, previa aprobación da mencionada carta por parte das corporacións municipais de cada municipio.

En terceiro e último lugar, aprobouse o programa de actividades conxuntas 2017.

Todas estas accións será presentadas de forma pública nun acto que se celebrará a finais do mes de marzo.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí