Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

UCGAL prepárase para atender ás reclamacións dos damnificados polas cancelacións de Ryanair

As persoas afectadas teñen unha serie de dereitos que a aeroliña ten que respectar

As persoas afectadas teñen unha serie de dereitos que a aeroliña ten que respectar

Fecha: 20 de Septiembre de 2017

Fuente: UCGAL

A aeroliña irlandesa Ryanair anunciou esta fin de semana que cancelará preto de medio centenar de voos diarios durante as próximas seis semanas. Unha manobra inesperada que en Galicia, entre o aeroporto de Santiago e o de Vigo, pode chegar a afectar a máis de catro mil persoas, cifra á que hai que sumarlle os voos cancelados no aeroporto Francisco Sá Carneiro de Oporto.

Por experiencias anteriores neste tipo de situacións e ante o previsible aumento do número de consultas e reclamacións, UCGAL xa traballa no reforzo de servizos e equipo humano para proporcionar a mellor asistencia posible ós damnificados galegos.

Nestes casos as persoas prexudicadas teñen unha serie de dereitos que a aeroliña ten que respectar como o dereito á información e á asistencia, así como o dereito ó reembolso do billete ou a un transporte alternativo e, nalgúns casos, o dereito a compensación.

Ante a gravidade, magnitude e alcance desta situación, esta entidade considera que a escusa esgrimida por Ryanair sobre as vacacións dos seus empregados é de mal pagador, xa que todo apunta - tal e como están a publicar diversos medios de comunicación- a que son outras as causas destas cancelacións e por iso, e polos trastornos ocasionados, anima as persoas con voos cancelados a presentar a súa correspondente reclamación, é máis, UCGAL non só recomenda esta vía senón que tamén, chegado o caso, acudir ás instancias xudiciais para reclamar indemnizacións por danos e prexuízos. Nesa liña, UCGAL xa traballa no deseño de accións xudiciais colectivas.

A asociación ponse a disposición do conxunto de afectados e afectadas e recórdalles que poden chamar ós teléfonos 981 56 64 11 e 981 58 66 96 en horario de 10:00 a 15:00 horas de luns a venres, ou enviar un correo electrónico a info@consumidores.gal. Igualmente poden achegarse á sede da Unión de Consumidores de Galicia en Santiago de Compostela (Rúa Boiro, Nº 3 - 1ºA) ou ós puntos de asesoramento que UCGAL mantén abertos nos concellos de Cangas e Ames (máis información en www.consumidores.gal).
Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones