Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

Un experto da Comisión Europea visita Tomiño e Cerveira para traballar na mobilidade transfronteiriza de menores

No marco do programa europeo B-Solutions, impulsado pola Eurocidade Cerveira-Tomiño e pola AECT da Eurorrexión Galicia Norte de Portugal para facilitar os intercambios culturais, deportivos e educativos entre escolares

No marco do programa europeo B-Solutions, impulsado pola Eurocidade Cerveira-Tomiño e pola AECT da Eurorrexión Galicia Norte de Portugal para facilitar os intercambios culturais, deportivos e educativos entre escolares

Fecha: 08 de Octubre de 2019

Fuente: Concello de Tomiño

Tomiño e Cerveira acollen esta semana a visita de José Manuel Sobrino, experto designado pola Comisión Europea e a Asociación de Rexións Fronteirizas de Europa (ARFE) para analizar e estudar os problemas de mobilidade de menores de idade entre ambos municipios fronteirizos, no marco do programa europeo B-Solutions. Sobrino é Catedrático de Dereito Internacional Público na Universidade da Coruña, especializado en Dereito Comunitario e en Organizacións Internacionais e Experto da Comisión Europea para diversos programas europeos.

O obxectivo desta visita é atopar vías para simplificar a mobilidade dos menores que, no ámbito de actividades escolares (excursións, visitas...) ou extraescolares (música, deporte, idiomas, etc.), precisan cruzar a fronteira unhas horas sen a presenza dos seus pais ou titores legais. Actualmente resulta obrigada, e por veces economicamente gravosa, a cumprimentación de autorizacións específicas por parte dos proxenitores para a saída ao estranxeiro de menores, o que dificulta os intercambios nos territorios mais próximos á fronteira. Tras a visita Sobrino realizará un informe para a Comisión Europea detallando unha descrición clara do obstáculo legal, unha indicación das disposicións legais que causan o obstáculo e unha folla de ruta cara á posible solución coas entidades que participarán nela.

Tres días de visita
A visita desenvolverase os vindeiros 8, 9 e 10 de outubro, tres días nos que se desenvolverán varias reunións de traballo nas que participarán todas as entidades e axentes involucrados nesta problemática. Esta visita arrancará cunha primeira xornada de traballo na que AECT, representantes institucionais dos concellos de Tomiño e Cerveira e as valedoras da cidadanía transfronteiriza da Eurocidade Cerveira-Tomiño exporán a situación actual e o problema ante o que se atopan actualmente os escolares dos dous municipios. Foi precisamente un informe das valedoras sobre a mobilidade dos menores o que recomendou "estudar medidas excepcionais que adapten os requisitos de autorización sobre mobilidade transfronteiriza".

A segunda xornada de traballo acollerá un dos aspectos máis destacados nesta visita, as experiencias vividas. Así, este segundo día centros educativos de ambos concellos, asociacións de pais e nais e outras eurocidades da zona, como Tui-Valença e Salvaterra-Monçao, relatarán de primeira man as súas propias experiencias. Durante esta xornada tamén se reunirán representantes da Garda Civil, da Garda Nacional Republicana e o Centro de Cooperación Policial e Aduaneira de Tui-Valença do Minho (CCPA), así como notarios e solicitadores lusos, para poñer ao día ao experto sobre a tramitación actual.

O último día centrarase na colaboración institucional, coa participación de representantes da Xunta de Galicia, a CCDR- N, a Subdelegación do Goberno en Pontevedra, a Direção Regional de Educação do Norte de Portugal ou a Direção Regional do Norte de Portugal - Serviço de Estrangeiros e Fronteiras.

O proxecto encádrase no Programa B- Solutions, un programa xestionado pola Asociación de Rexións Fronteirizas Europeas, co que a Comisión Europea pretende identificar e promover a resolución de obstáculos fronteirizos de carácter xurídico e/ou administrativo, ao longo das fronteiras internas da UE.
Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones