Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

UXÍO BENÍTEZ DEFENDE EN MADRID O PROXECTO TRANSFRONTEIRIZO GALEGO-PORTUGUÉS -VISIT RIO MIÑO-

O subdirector xeral de Cooperación Transfronteiriza e Desenvolvemento Urbano fai unha valoración positiva da proposta para obter cinco millóns de euros de fondos europeos

A candidatura conxunta dos concellos pontevedreses e lusos da raia presentarase este mes

Fecha: 11 de Diciembre de 2015

Fuente: Deputación de Pontevedra

O deputado de Cooperación Transfronteiriza Uxío Benítez defendeu hoxe en Madrid o proxecto transfronteirizo realizado entre concellos pontevedreses e portugueses para poñer en valor o río Miño e atraer a máis de tres millóns de visitantes potenciais á súa conca. Benítez mantivo un encontro co subdirector xeral de Cooperación Transfronteiriza e Desenvolvemento Urbano, Fernando Fernández Melle, quen fixo unha valoración positiva da candidatura lusogalaica (que acaba de estrear o nome 'Visit Rio Miño') aos fondos europeos do programa Interreg V A-POCTEP.

Con esta entrevista, Benítez pecha a rolda de contactos previa á presentación oficial da candidatura neste mes de decembro. O deputado xa se reuniu cos responsables dos informes sobre o proxecto da Xunta de Galicia e do Estado, así como das administracións homólogas da parte portuguesa, recibindo comentarios positivos de todos eles. A partir de agora, unha vez presentado o proxecto, serán necesarios os informes autonómicos e estatais, así como dos comités conxuntos de ambos países, para recibir logo a validación do secretario técnico que da o visto bo definitivo. O obxectivo é alcanzar unha cifra que ronde os cinco millóns de euros para investir no territorio da conca do Miño.

Na candidatura transfronteiriza do Miño hai varias propostas de actuación que teñen como obxectivo a posta en marcha dun proxecto global do territorio, poñendo en valor os recursos endóxenos e comúns da área. A primeira proposta de actuación céntrase na mellora da preservación e interpretación dos grandes recursos naturais do val do Miño, cun inventario, cualificación e dixitalización dos recursos patrimoniais das marxes do río.

Unha segunda actuación estaría centrada na posta en marcha dun plan de expansión de sendeiros que precisan de intervencións para vertebrar o espazo común transfronteirizo como unha rede de recursos (fluviais, peonís ou para bicicletas...). Trataríase de crear un conxunto de aneis conectados entre si nunha única infraestrutura co tramo internacional do Miño como elemento central.

Como terceiro eixo da candidatura 'Visit Rio Minho' proponse un conxunto de accións que pretenden potenciar o valor económico do espazo común, promovendo a creación de emprego e dinamizando os axentes que actúan en cada rexión, como os pescadores, restaurantes, hoteis, asociacións deportivas, empresas de animación... para ofrecer unha oferta integrada de servizos que poidan formar paquetes turísticos e de ocio, con espacial fincapé no turismo de natureza, gastronomía (peixes e viños da zona), sempre nunha lóxica de sustentabilidade do sistema.

Por outra banda, como cuarto punto quérese crear unha marca transfronteiriza para o río Miño dacordo co lema da eurorrexión 'Dous países, un destino'.

Como fortalezas do territorio 'Uniminho', según destacou Benítez, están "o ser a fronteira máis poboada entre España e Portugal, con 376.000 habitantes, e contar cun paisaxe litoral común de importante valor cultural, natural e turístico, cunha grande diversidade e calidade medioambiental dada a variada gama de ecosistemas e espazos naturais existentes". Tamén conta cun importante patrimonio lingüístico, arqueolóxico, arquitectónico e cultural e cunha longa e consolidada tradición de cooperación na fronteira Galiza-Norte de Portugal.

Smart Miño
Ademáis da candidatura que potencia os elementos turísticos do río Miño, Benítez tamén presentou a Fernández Melle a proposta 'Smart Miño', que opta a fondos europeos para establecer una estratexia de cooperación intelixente "cunha estrutura formal transfronteiriza debidamente constituída e preparada".


Así, proponse a creación dunha nova asociación europea de cooperación transfronteiriza (AECT) estable que conte cun equipo interinstitucional (con integrantes dos concellos a través da Deputación de Pontevedra e da CIM Alto Minho) e multidisciplinar.


Dentro desta candidatura quere promoverse a dinamización de experiencias culturais conxuntas para achegar aos axentes territoriais e involucrar ás poboacións nos procesos de cooperación mediante eventos da cultura común entre Galicia e o norte de Portugal.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones