Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir

Uxío Benítez sobrea nova prórroga do peche da fronteira con portugal: -é unha auténtica tomadura de pelo e unha ruína económica para o territorio do miño-

O vicedirector do AECT Río Miño acusa aos estados centrais de quitarlle o 50% da clientela a negocios e comercios da zona

O vicedirector do AECT Río Miño acusa aos estados centrais de quitarlle o 50% da clientela a negocios e comercios da zona

Etiquetas del contenido

Fecha: 17 de Abril de 2021

Fuente: AECT Rio Miño

“Para o AECT unha nova prórroga do peche da fronteira con Portugal, agora que se está abrindo a economía e as restricións en todos lados, é unha auténtica tomadura de pelo e unha ruína económica para o territorio do Río Miño”. Así de claro se manifestou hoxe o vicedirector do Agrupamento Europeo de Cooperación Territorial Río Miño, Uxío Benítez, ao coñecer que os gobernos de Madrid e Portugal acordaron a ampliación outros 15 días máis do peche da fronteira con Portugal.

 

Benítez destacou que a valoración da situación é “totalmente negativa”. “Estamos a ver que o mal xa está feito. Pasan os días prórroga tras prórroga e o único que fan os estados, tanto os gobernos de Madrid como o de Lisboa, é incrementar o dano que xa crearon. É unha ruína económica provocada por decisións políticas”, subliñou o nacionalista.

 

O AECT intensificará nos vindeiros días as medidas para esixir que haxa compensacións económicas ao territorio miñoto con partidas específicas nos fondos europeos que foron creados para asistir a problemática da pandemia, os do ‘Next Generation’, e tamén no próximo cuadro comunitario de fondos 2021-2027, xa que insisten en que hai estudos que demostran que houbo un impacto doble creado nas fronteiras: por unha banda o xeral por mor da COVID e outro, a maiores, por estar en territorio de fronteira.

 

“O que se está a facer é quitar a metade da clientela a toda empresa e negocio que vive no territorio fronteirizo. Alén da problemática das persoas traballadoras para cruzar a fronteira, a comercios e empresas os estados levan dende xaneiro quitándolle o 50% dos seus clientes”, insistiu.

 

Así mesmo, Benítez puxo sobre a mesa a incoherencia e sinrazón de ter nestes momentos a fronteira pechada por motivos sanitarios cando nos controis que se realizan o único que se comproba son a identificación e as autorizacións administrativas (de ter motivos laborais ou de forza maior) como antes de habilitar en 1995 o espazo Schengen e non un control sanitario real esixindo PCR negativa como acontece por exemplo na fronteira con Francia.

 

O vicedirector do AECT subliñou que a cidadanía e persoas traballadoras do territorio miñoto están “ao límite” tanto por cuestións económicas como por cuestións sociais  e anímicas. Ás perdas económicas, lembrou, engádense os rodeos quilométricos que é obrigado facer  ao só estar habilitado o paso de Tui 24 horas e tamén as dificultades de conciliación das familias que implica perder tempo na estrada, e tamén o non poder levar ás crianzas ás escolas infantís e colexios escolarizados ao outro lado da raia.

 

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí