Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

Valença acolle este xoves o I Fórum do Río Miño que marcará a estratexia de cooperación do territorio transfronteirizo ata o 2030

A gobernanza, a mobilidade, o turismo, os sectores produtivos, a cultura e comercio tradicional serán os temas centrais que se tratarán no encontroíses

A gobernanza, a mobilidade, o turismo, os sectores produtivos, a cultura e comercio tradicional serán os temas centrais que se tratarán no encontroíses

Fecha: 21 de Junio de 2018

Fuente: Deputación de Pontevedra

O I Fórum do Río Miño Transfronteirizo, que se celebrará este xoves 21 na , na Escola Superior de Ciências Empresariais-IPVC en Valença (Portugal) e no que se darán cita preto dun centenar de axentes locais, sentará as bases da 'Estratexia 2030', que marcará as liñas de actuación en materia de cooperación para o territorio durante a próxima década. A gobernanza, a mobilidade, o turismo, os sectores produtivos, a cultura e comercio tradicional serán os temas centrais que se tratarán no encontro que comezará, ás 9:30 horas portuguesas e rematará ás 13:30, con un brunch - networking.

A elaboración desta 'Estratexia 2030' comezou hai meses cun traballo previo de análise e diagnose realizado por unha equipa científica composta por expertos e expertas en economía, xeografía, turismo ou socioloxía. A partir destas primeiras pesquisas elaborouse un documento de base que será o que se someta a discusión cos axentes sociais neste encontro. "O Fórum é primeira oportunidade para debatir sobre as primeiras conclusións", explicou o director da Fundación Centro de Estudos Euro Rexionais, (FCEER), Valerià Paül Carril, "un proceso estratéxico non pode existir sen participación cidadá e esperamos que haxa moito retorno por parte da sociedade civil para matizar, enriquecer, contrastar e mesmo contradicir o que está explicado neste documento base do que partimos".

Até o de agora existían datos e estudos sobre cada unha das marxes do río pero esta será a primeira vez que se realice un estudo profundo entendendo o Miño como a columna vertebral do territorio. "A elaboración dunha estratexia común é fundamental para poder sustentar calquera acción futura, sobre todo coa mirada posta no horizonte 2020 - 2030 e en Bruxelas, posto que será imprescindible contar con este documento previo para poder optar a diferentes tipos de axudas europeas".


As inscricións no Fórum pódense realizar a través da páxina web www.smartminho.eu ata o día 21 de xuño.

Smart Minho está cofinanciado ao 75 % polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER) a través do Programa Interreg V-A España-Portugal (POCTEP) 2014-2020 e conta cun orzamento total de 942.022,47 euros.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones