Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

Visit Rio Minho achégase a Badajoz para dar a coñecer a marca Río Minho na 30 edición da feira FEHISPOR

Arranca co encontro dos proxectos Turismo/ Interreg de España e Portugal

O evento celebra este ano a súa 30ª edición coa presenza de máis de 200 marcas

Fecha: 22 de Noviembre de 2019

Fuente: Deputación de Pontevedra

O proxecto Visit Rio Minho, confinanciado nun 75 % polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER) no marco da convocatoria de axudas do Programa de Cooperación Territorial Interreg V-A España-Portugal (POCTEP) 2014-2020, participa na 30ª edición da Feira Hispanoportuguesa (FEHISPOR) que se celebra dende hoxe ate o 24 de novembro en Badaxoz.

Esta nova edición de Fehispor arranca cun encontro de proxectos turísticos do programa Interreg V-A de España e Portugal, que porán en común as accións que promoven, as relacións e o turismo transfronteirizo. Visit Rio Minho leva como estandarte a marca Rio Minho, creada a partir dun rigoroso estudo, co obxectivo de potenciar a visibilidade do territorio e poñer en valor o patrimonio material e inmaterial do río Miño transfronteirizo.

A marca Rio Minho acolle a oferta cultural, de ocio, gastronómica e turística do territorio e conta coa implicación dos concellos e cámaras municipais que forman parte do río Miño transfronteirizo, dando como resultado un destino único de gran atractivo.

A visita á feira Hispanoportuguesa suporá un impulso para a marca Rio Minho, que dará a coñecer o valor do territorio do río Miño nun entorno predisposto ás relacións transfronteirizas nun marco turístico e cultural.

A feira Fehispor

Fehispor celebra este ano a súa 30ª edición coa presenza de máis de 200 marcas de diversos sectores, co obxectivo de potenciar e descubrir un ano máis o mellor da cultura española e portuguesa, aglutinando empresas e visitantes de ambos países. Ao longo dos anos, o evento consolidouse como unha feira de referencia, albergando a visita de case 30.000 persoas en edicións anteriores.

A feira hispanoportuguesa, que ten lugar no recinto feiral de Badajoz, conta coa colaboración de Turiberia, unha axencia de viaxes online que impulsa o turismo hispanoluso e que da lugar a unha das novidades desta edición: a I Mostra de Turismo Hispanoluso, un novo espazo temático sobre turismo ibérico que permitirá aos asistentes percorrer os destinos máis destacados da península e coñecer as accións de cooperación transfronteiriza que se están a efectuar. Ademais, haberá unha exposición da historia do fado e un mercado degustación de produtos de ambas rexións.


Visit Rio Minho

O proxecto Visit Rio Minho xorde co obxectivo de promocionar o río Miño como destino ecoturístico a través de actividades transfronteirizas de preservación, cualificación e valorización ambiental.

Son socios de Visit Rio Minho a Deputación de Pontevedra (socio principal), a AECT Rio Minho, o Centro Tecnolóxico do Mar - CETMAR, a Comunidade Intermunicipal do Alto Minho - CIM Alto Minho, o Centro de Estudios Euro Rexionais Galicia Norte de Portugal (FCEER), a Universidade de Vigo e os concellos de Caminha, Melgaço, Monçao, Paredes de Coura e Valença.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones