Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

Visita ás beiras do futuro viaduto entre Tomiño e Vila Nova de Cerveira

O comité seleccionador do proxecto para o viaduto subliñou a importancia do deseño dos puntos de ancoraxe nas ribeiras da parte galega e portuguesa

O comité seleccionador do proxecto para o viaduto subliñou a importancia do deseño dos puntos de ancoraxe nas ribeiras da parte galega e portuguesa

Fecha: 20 de Enero de 2018

Fuente: Deputación de Pontevedra

"O xurado do concurso de ideas para a nova ponte peonil entre Tomiño e Cerveira sobre o Miño entendeu a necesidade da súa construción ao ver ‘in situ' a proximidade dos municipios galego e portugués e o proxecto do parque transfronteirizo nos dous países". Así o indicou o deputado de Cooperación Transfronteiriza da Deputación, Uxío Benítez, na visita que o comité seleccionador das propostas realizou ás beiras do futuro viaduto.

O nacionalista destacou que é preciso fomentar a mobilidade peonil e ciclable para aumentar o turismo na zona aproveitando as sendas existentes en ambas ribeiras. Subliñou que Tomiño e Cerveira pretenden potenciar valores ambientais, paisaxísticos e patrimoniais que son máis competitivos ao ‘vendelos' de xeito conxunto. Asegurou que o parque do Castelinho en Cerveira e o Espazo Fortaleza de Goián -Tomiño- son perfectamente complementarios pola súa singularidade e que "unidos pola nova ponte peonil e ciclista, converteranse nun espazo de referencia transfronteiriza en toda a Península Ibérica".

"Este lugar do río é o máis estreito de todo o Baixo Miño, apenas ten 180 metros entre ambas marxes, e dá pé a unilas para crear un espazo único que atraia visitantes. O xurado entendeu o noso concepto de crear un parque conxunto unindo dous países, o que reforza a nosa visión transfronteiriza de cooperación máis alá da construción dunha simple infraestrutura", subliñou Benítez.

Os membros do xurado comezaron a súa visita de hoxe na parte galega da Fortaleza de Goián en Tomiño, un espazo patrimonialmente destacado, para despois cruzar a canle do río nun barco militar da Capitanía de Caminha ata o parque do Castelinho en Cerveira, un lugar moi frecuentado por familias tanto portuguesas coma galegas en todas as épocas do ano. A visión da zona a pé e tamén no barco permitiu ao comité destacar a importancia que ten o elixir unha proposta na que os puntos de ancoraxe en ambas ribeiras sexan o máis respectuosos coa contorna, en concreto, co illote existente na parte lusa.

Finalmente, a comitiva rematou a súa viaxe cunha comida de confraternidade en Vila Nova de Cerveira, no lugar do mirador de O Cervo, dende onde se podía gozar dunha perspectiva totalmente diferente e afastada do río Miño e do que podería ser a futura ponte.


Entre os asistentes á visita de hoxe -membros do xurado- houbo representantes escolas técnicas, colexios oficiais e administracións con competencias e intereses na ponte de ambos lados do río: o deputado Uxío Benítez e os xefes de servizo de Arquitectura e Mobilidade da Deputación de Pontevedra; a alcaldesa de Tomiño e o presidente da Cámara de Cerveira; do Colexio de Arquitectos de Galicia; do Colexio de Enxeñeiros de Camiños, Portos e Canais; da Ordem dos Engenheiros; da Ordem dos Arquitectos, así como da Dirección Xeral de Patrimonio Natural; e da Capitanía do Porto de Caminha; entre outros.


A vindeira reunión, onde se tomará a resolución definitiva para escoller os tres mellores deseños dos 24 admitidos, será o vindeiro 1 de febreiro no Pazo Provincial da Deputación. Hai que lembrar que a redacción do deseño da nova ponte peonil e ciclista sobre o Miño está encadrada no proxecto VISIT_RIO_MINHO presentado ao Interreg V-A nunha candidatura conxunta liderada pola Deputación de Pontevedra coa CIM Alto Minho, os concellos do norte de Portugal, a Fundación CEER, o Centro Tecnolóxico do Mar e a Universidade de Vigo. Tivo un cofinanciamento do 75% de fondos europeos cun orzamento total aprobado de dous millóns de euros.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones