Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

Xunta e CIM Alto Minho comprométense a traballar na mellora das liñas de transporte transfronteirizas

Uxío Benítez explicou que as principais medidas serían a ampliación das liñas de autobuses comarcais e a coordinación de horarios e paradas

Uxío Benítez explicou que as principais medidas serían a ampliación das liñas de autobuses comarcais e a coordinación de horarios e paradas

Fecha: 13 de Septiembre de 2019

Fuente: Deputación de Pontevedra

O director do AECT Rio Minho, Uxío Benítez vén de manter unha reunión con representantes dos gobernos galego e portugués dentro da convocatoria de encontros impulsada pola iniciativa europea B-Solutions, que ten por obxectivo superar os atrancos legais e administrativos que afectan á mobilidade entre os dous países, na que tamén estivo presente a experta xurídica asignada pola Comisión Europea, María Gamayo.

No encontro participaron o director Xeral de Mobilidade da Xunta de Galicia, Ignacio Maestro; o subdirector Xeral de Ordenación do Transporte, Antón García Río; representantes da CIM Alto Minho e da Autoridade de Mobilidade e Transporte de Portugal así como o subdirector de Acción Exterior e Cooperación Transfronteiriza, Xosé Lago García e o coordenador de Cooperación do CCDR-N, Nuno Almeida.

O principal acordo acadado na xuntanza, segundo explicou o director do AECT Rio Minho e deputado provincial Uxío Benítez, foi o compromiso de traballar conxuntamente na extensión das liñas de transporte públicas procedentes de Vigo e Viana do Castelo até concellos da fronteira como Valença e Vigo, respectivamente. Así mesmo, tamén se viu a necesidade da coordinación de horarios e paradas entre os concellos de Monçao e Salvaterra, Cerveira e Tomiño e Valença e Tui, de xeito que unha liña que por exemplo chega a Monçao poida coordinarse cunha que saia dende Salvaterra.

O proxecto Boosting Minho River Cross - Border Mobility, depende da convocatoria da Comisión Europea B- Solutions, unha iniciativa destinada a solventar as barreiras de carácter administrativo e legal que se verifican nas fronteiras en áreas como o emprego, a saúde, o transporte, o plurilingüismo e/ou cooperación institucional, e está orientada principalmente a entidades públicas. O AECT Rio Minho foi unha das 20 entidades europeas que recibiu esta subvención que consta dun orzamento de 25.000 €.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones