Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

Areeiro aconsella actuar con urxencia ante a Procesionaria do Piñeiro

Necesidade de actuar con urxencia contra a procesionaria do piñeiro, sobre todo nos parques públicos, co fin de evitar problemas de saúde para a poboación

A imaxe é do Parque do Castelo de Sta. Cruz en A Guarda

Fecha: 08 de Diciembre de 2017

Fuente: Estación Fitopatolóxica Areeir

Os técnicos da Estación Fitopatolóxica subliñan que a seca e as temperaturas elevadas favoreceron o adianto do ciclo da praga aínda máis que o ano pasado. A Estación Fitopatolóxica de Areeiro (EFA), centro dependente da Deputación de Pontevedra, vén de advertir no seu aviso fitopatolóxico extraordinario da necesidade de actuar con urxencia contra a procesionaria do piñeiro, sobre todo nos parques públicos, co fin de evitar problemas de saúde para a poboación. Os técnicos indican que hai que eliminar e destruír os bolsóns das eirugas, promover a presenza de aves insectívoras colocar barreiras cónicas nos troncos para evitar que as eirugas cheguen ao chan, e aplicar insecticidas para impedir que se enterren.

O persoal da Unidade de Artrópodos da EFA sinala que este ano tivo unhas especiais condicións climáticas de seca (coa metade da choiva acumulada habitual na nosa zona) e temperaturas anormalmente elevadas, o que favoreceu o adianto nos ciclos dalgunhas pragas como é o caso da procesionaria do piñeiro. De feito, destacan que se na campaña pasada xa se detectaran procesións de enterramento a primeiros de xaneiro, este ano o adianto aínda é maior, pois xa se están a producir nalgunhas zonas.

A bióloga Rosa Pérez lembra que as eirugas da procesionaria posúen pelos urticantes que liberan cando se senten ameazadas, e que poden producir reaccións alérxicas e inflamatorias: urticarias e dermatites, conxuntivites, diversos síntomas respiratorios e, no caso de persoas moi sensibles, mesmo reaccións anafilácticas. Algúns destes síntomas aparecen de xeito inmediato e outros adoitan aparecer horas despois pero persisten varios días. Tamén os cans pódense ver afectados con lesións e inflamacións nalgúns casos graves nos tecidos da lingua e da boca, e incluso necrose.

No Baixo Miño, o Parque do Castelo de Sta. Cruz e a senda do Piñeiral de Camposancos conta con varios bolsóns con eirugas nas polas dos piñeiros.

Debido a que non é imprescindible o contacto directo coas eirugas para que poidan producir estes efectos, dende a EFA advírtese da necesidade de ter coidado ao pasear por parques ou xardíns con presenza de piñeiros con bolsóns, sinalando que baixo ningún concepto se deben tocar as eirugas. Ademais, a técnica Rosa Pérez indica que nos ambientes máis sensibles como os parques urbanos públicos ou privados e as escolas "é conveniente eliminar canto antes e destruír os bolsóns -sempre utilizando as proteccións necesarias para evitar o contacto cos pelos- e promover, mediante a instalación de aniñadoiros, a presenza de aves insectívoras".

En calquera caso, se aínda non se empezaron a observar as procesións, pódense colocar barreiras cónicas nos troncos para evitar que as eirugas cheguen ao chan ou, se xa se miran no terreo, aplicar un insecticida piretroide para impedir que se enterren. En ambos casos é fundamental poñer equipos de protección persoal para previr problemas.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones